Primaveira (1)
Parte I: Primavera Capítulo 1 O vento aínda era frío. Acaba de comezar a primavera, pero o inverno resistíase a afastarse da cidade. Durante a súa estadía apoderárase da natureza, dándolle aos parques un aspecto desolado e calmado que pouco tiña que ver co seu fervor habitual. Cando Eigo saía de clase cruzaba un alameda para chegar a casa, a noite temperá creaba un aura fantasmal. A rapaza sentía a necesidade de pechar o abrigo da base ao pescozo e camiñar moi apresa, en parte para entrar en calor e protexerse das baixas temperaturas e, en parte, por un temor infantil ao que era incapaz de poñer nome. Que temía? Á escuridade, á noite? Acaso pensaba que a ían atacar? Non era quen de representar con palabras as sensacións que experimentaba ao atravesar o parque, pero non puido evitar trazar en carreira os últimos metros e chegar a unha rúa transitada. Chegou ao portal do seu vello edificio e abriu con dificultade a pesada porta de metal. Aquel lugar precisaba moitos amañ...