A bruxa das montañas (I)
Colleu o coitelo e cravouno con pericia, intentando despegar a parte superior, lentamente, sen rachar á vez ningunha raíz. Por sorte tiña experiencia. Unha vez aberto o oco, cavou coas súas propias mans, ata chegar a unha terra húmida que lle pareceu adecuada. Colleuna entre as súas mans e cheirouna con anhelo. O seu aroma era o dos piñeiros e os carballos, había un resto de manzano, moi antigo. Inspirou amodo. Había algún resto de animal, seguro, esa terra coñecera o sangue. —E sen embargo tampouco serve —rosmou, volvéndoa lanzar no buraco. Recolleu a terra coas mans e foina devolvendo ao seu lugar, despois, coma se dunha tapa se tratara, depositou ao retal de herba no sitio e ergueuse. Sacudiu as mans, pero estaban molladas e quedaron incluso máis sucias que antes. Colleu o coitelo e, con neglixencia e desidia, usouno para quitarse os restos de terra de entre as unllas. Comezou a camiñar distraidamente. Oíuse un chillido. —¡Maldito becho! Sempre en medio. Debeume tocar o ú...