A bruxa das montañas (I)
Colleu o coitelo e cravouno con pericia, intentando despegar
a parte superior, lentamente, sen rachar á vez ningunha raíz. Por sorte tiña experiencia.
Unha vez aberto o oco, cavou coas súas propias mans, ata chegar a unha terra
húmida que lle pareceu adecuada. Colleuna entre as súas mans e cheirouna con
anhelo. O seu aroma era o dos piñeiros e os carballos, había un resto de
manzano, moi antigo. Inspirou amodo. Había algún resto de animal, seguro, esa
terra coñecera o sangue.
—E sen embargo tampouco serve —rosmou, volvéndoa lanzar no buraco.
Recolleu a terra coas mans e foina devolvendo ao seu lugar, despois, coma se dunha tapa se tratara, depositou ao retal de herba no sitio e ergueuse. Sacudiu as mans, pero estaban molladas e quedaron incluso máis sucias que antes. Colleu o coitelo e, con neglixencia e desidia, usouno para quitarse os restos de terra de entre as unllas.
Comezou a camiñar distraidamente. Oíuse un chillido.
—¡Maldito becho! Sempre en medio. Debeume tocar o único dragón tonto que hai no mundo, ademais do máis anano —queixouse a bruxa.
Fixérase un corte ao tropezar co seu compañeiro e levouse a man á boca para comprimilo entre os beizos e intentar cortar a hemorraxia. Estaba enfadada, pero en realidade apreciaba moito ao dragón. Este a mirou ofendido e dorido e apartouse do seu camiño. A muller soubo que debería desculparse, pero aquel non era o momento.
Cuspiu sangue no chan. Sangue de bruxa. Sangue maldito.

Comentarios
Publicar un comentario