Introducción. Primeira parte.
Disque cando un espírito che toca o teu destino cambia por completo. Alguén aparece na túa porta e colle a túa man para levarte consigo. Iso foi o que me pasou a min. Os recordos de aquela época son difusos, fai tanto tempo que xa non lembro nin en que ano nacín. Si que sei que ocorreu en Xapón e que, apenas tendo eu idade casadeira, houbo unha guerra civil na que o meu pai combatía. Seguramente corría o ano 1221. Lembro ter ido ao templo coa miña nai, a rezar pola saúde da nosa familia e o fin das batallas. Podo evocar as longas escaleiras que me levaron alí, a madeira coloreada de vermello, as cordas e o ambiente sacro e venerable. Estaba collida do brazo da miña nai cando notei moito frío e unha brisa que me empurraba desde atrás. Non me atrevín a darme a volta, pero pareceume que unha man agarraba o meu corazón e o conxelaba. Nunca máis volveu latir. Sei que saín correndo e volvín a casa, a miña nai chamoume a berros, pero non me volvín. Fai tanto, tanto tempo que non podo lemb...